Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 25 de xuño de 1997 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia.

Advertidos erros e omisións na devandita resolución, publicada no DOG número 123, do 27 de xuño, cómpre efectua-las seguintes correccións:

No apartado 10 da devandita resolución, onde di: «10. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 20 de agosto de 1997», debe dicir: «... ás 10 horas do día 2 de setembro de 1997».

Engádase un número máis que di: «11. Data de envío deste anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 24 de xuño de 1997.»

5218