Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle na UE I-02 Regueiro (expediente 4271/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo deste concello, en sesión celebrada o día 16 de maio de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na UE I-02 Regueiro, de iniciativa municipal, conforme a documentación elaborada polo arquitecto municipal Alberto Abia Alonso o 26 de marzo de 1997, someténdoo a información pública polo prazo dun mes mediante inserción de anuncio no DOG e taboleiro da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e inte

resados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 5 de xuño de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5013