Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Valdoviño aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais para a recualificación das parcelas de Padín (Meirás), de conformidade co disposto nos artigos 42 e 50 da Lei do solo de Galicia; comézase un período de información pública polo prazo dun mes, para que os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no DOG.

Valdoviño, 13 de xuño de 1997.

Elisa Garrido Cantarero

Alcaldesa

4650