Aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual número 3 das normas subsidiarias de planeamento municipal.
Pola presente ponse en xeral coñecemento que o Consello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de abril de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o expediente de terceira modificación puntual das normas subsidiarias municipais comprensiva de catro modificacións puntuais, de conformidade co proxecto redactado por Arteplán, S.A. e que se continúe a tramitación do expediente de conformidade co determinado na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia en Lei 7/1997, do 29 de xuño, de delegación de competencias en materia de urbanismo, para a súa entrada en vigor.
O que se fai público en cumprimento do establecido nos artigos 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, en relación co artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, e o 7.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.
Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns BOP ou DOG, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.
Pontecesures, 2 de xuño de 1997.
Victoriano Trenco Romay
Alcalde
4987