Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO.

Aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual número 1 das NSM no que atinxe á modificación descrita no punto número 2 (rúa Ullán).

Pola presente ponse en xeral coñecemento que o Consello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de abril de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación relativa á rúa Ullán correspondente ó punto número 2 do expediente de primeira modificación puntual das normas subsidiarias municipais. E que se continúe a tramitación do expediente de conformidade co determinado na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación de competencias en materia de urbanismo, para a súa entrada en vigor.

O que se fai público en cumprimento do establecido nos artigos 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, en relación co artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, e o 7.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns BOP ou DOG, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontecesures, 2 de xuño de 1997.

Victoriano Trenco Romay

Alcalde

4652