Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.364

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

CONVOCATORIA de asemblea xeral constituínte.

En cumprimento do disposto nos estatutos polos que se rexe a entidade, o Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día 23 de xuño de 1997, acordou convocar asemblea xeral constituínte, que terá lugar o día 22 de xullo de 1997, no salón de actos de entidade, sito en Avda. de Pontevedra, 7, planta 1ª, desta cidade, ás dezasete horas, en primeira convocatoria, e, de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria, no mesmo día, en igual lugar, media hora máis tarde.

A asemblea desenvolverase conforme o seguinte orde do día:

1. Constitución da asemblea.

2. Saúdo os conselleiros xerais.

3. Renovación conselleiros xerais.

4. Acordo sobre a probación da acta de sesión.

5. Elección dos vocais do Consello de Administración.

6. Elección dos membros da Comisión de Control.

Ourense, 23 de xuño de 1997.

David Ferrer Garrido

Presidente