Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 7 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Insua Mar, S.L., no concello de Xove (Lugo). (Expediente 4638 A.T.).

Advertidos erros na devandita resolución publicada no DOG número 117, do 19 de xuño, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 5.914, no título da resolución:

Onde di: «... no concello de Viveiro, provincia de Lugo...», debe dicir: «... no concello de Xove, provincia de Lugo».

Na mesma páxina, no feito primeiro:

Onde di: «... ten previsto instalar na súa factoría do concello de Viveiro (Lugo)...», debe dicir: «... ten previsto instalar na súa factoría do concello de Xove (Lugo)...».

4731