Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a contratación mediante procedemento aberto de concurso público, con tramitación urxente, das obras de substitución de cuberta e obras varias no C.P. de infantil e primaria da Pobra de Trives (Ourense) e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

A) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

B) Centro directivo: Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta e obras varias no C.P. de infantil e primaria da Pobra de Trives. (Ourense)

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 19.301.021 ptas. IVE incluído, dividido en dúas anualidades:

1997: 4.320.000 ptas.

1998: 14.981.021 ptas.

d) Fianza provisional: 386.020 ptas. correspondente o 2% do orzamento autorizado.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.2. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta e obras varias no C.P. de Primaria Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras. (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 24.041.580 ptas. IVE incluído, dividido en dúas anualidades:

1997: 5.100.000 ptas.

1998: 18.941.580 ptas.

d) Fianza provisional: 480.832 ptas. correspondente o 2% do orzamento autorizado.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.3. a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta e obras varias no C.P. Bibei de Viana do Bolo. (Ourense).

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 24.091.473 ptas. IVE incluído, dividido en dúas anualidades:

1997: 5.145.000 ptas.

1998: 18.946.473 ptas.

d) Fianza provisional: 481.829 ptas. correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.4. a) Descrición do obxecto: ampliación de aulas e dependencias no instituto de BUP Blanco Amor de Ourense.

b) Prazo de execución: 10 meses.

c) Orzamento da obra: 52.997.029 ptas. IVE incluído, dividido en dúas anualidades.

1997: 6.997.029 ptas.

1998: 46.000.000 de ptas.

d) Fianza provisional: 1.059.941 ptas. correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría C.

2.5. a) Descrición do obxecto: construcción de pistas polideportivas e urbanización no BUP das Lagoas. Ourense.

b) Prazo de execución: 8 meses.

c) Orzamento da obra: 24.982.604 ptas. IVE incluído, dividido en dúas anualidades.

1997: 4.982.604 ptas.

1998: 20.000.000 de ptas.

d) Fianza provisional: 499.652 ptas. correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

e) Clasificación esixida: grupo C, categoría B.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre «A» de documentación xeral, a establecida na cláusula 9.1. do prego de cláusulas administrativas.

No sobre «B»: proposición económica segundo o establecido na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre «C» de referencias técnicas, a establecida na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, a partir das 9 horas do cuarto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na rúa Concello 11 Ourense, teléfono 21 04 20.

Anuncios: o importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 18 de xuño de 1997.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Luis Muñoz Lechón

Delegado provincial de Ourense

4997