Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se acorda a notificación a Vigoprint, S.L., da do 20 de maio de 1996 pola que se lle esixía o reintegro da subvención indebidamente percibida e os correspondentes xuros de demora, que foi concedida ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio, do 7 de abril de 1993, axudas para investimentos en innovación tecnolóxica e prestación de servicios tecnolóxicos (DOG do 27).

O conselleiro de Industria e Comercio, con data do 20 de maio de 1997, dictou resolución esixíndolle á empresa Vigoprint, S.L., o reintegro total da subvención indebidamente percibida por importe de 30.500.000 ptas. e os seus correspondentes xuros de demora, concedida ó abeiro da xa citada orde desta consellería, do 7 de abril de 1993 (DOG 27-4-1993), pola que se regulan as axudas para investimentos en innovacións tecnolóxicas e prestación de servicios tecnolóxicos, e todo isto ó abeiro do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Non sendo posible a notificación da antedita resolución no último domicilio coñecido da empresa, realízase a presente notificación, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, concedéndolle á mencionada entidade, a partir da publicación desta notificación, o prazo de dez días para que poida tomar vista do expediente de control financeiro neste centro directivo, alegar e presenta-los documentos e xustificantes que coide pertinentes, tal e como establece o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4691