Por Orde do 6 de abril de 1995 (DOG do 12 de maio) regúlase o procedemento para admisión do alumnado no bacharelato e ciclos formativos de grao medio en centros sostidos con fondos públicos.
A Orde do 22 de maio de 1997 regula a admisión de alumnado nos ciclos formativos de formación profesional específica de grao superior en centros sostidos con fondos públicos.
A Orde do 23 de maio de 1997 regula as probas de acceso ós ciclos formativos de graos medio e superior de formación profesional específica e de artes plásticas e deseño.
As disposicións derradeiras destas ordes autorizan a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional a dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do previsto nelas.
Na súa virtude esta dirección xeral,
DISPÓN:
Primeiro.-Acceso ós ciclos formativos de grao medio.
1. Terá acceso directo ós ciclos formativos de grao medio o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:
a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
b) Estar en posesión do título de técnico auxiliar.
c) Estar en posesión do título de técnico.
d) Ter aprobado o 2º curso do bacharelato unificado polivalente (BUP).
e) Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
f) Ter superados os 3 cursos do Plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos (Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, BOE do 6 de novembro), ou os 2º cursos dos plans experimentais (Decreto 179/1988, do 7 de xullo, DOG do 18).
g) Ter superado outros estudios declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.
2. Así mesmo, poderá acceder ós ciclos formativos de grao medio aquel alumnado que, non reunindo algún dos requisitos especificados no punto anterior, supere a proba de acceso definida na Orde do 23 de maio de 1997.
Segundo.-Acceso ós ciclos formativos de grao superior:
1. Terá acceso directo ós ciclos formativos de grao superior o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:
a) Posuí-lo título de bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
b) Ter superado o segundo ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
c) Ter superado o curso de orientación universitaria ou preuniversitario.
d) Posuí-lo título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
e) Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.
2. Así mesmo, poderá acceder ós ciclos formativos de grao superior aquel alumnado que, non reunindo os requisitos indicados nos punto anterior, supere a proba de acceso definida na Orde do 23 de maio de 1997.
Terceiro.-Incompatibilidade.
As persoas que reúnan requisitos académicos que posibiliten o acceso directo non poderán presentarse ás probas de acceso a ciclos formativos. De facelo, quedarán excluídas delas.
Cuarto.-Paso de módulos profesionais a ciclos formativos.
Naqueles centros nos que se implante un ciclo formativo en substitución dun módulo profesional, o alumnado que non obtivese avaliación positiva no módulo poderá incorporarse ó ciclo que o substitúa segundo as equivalencias que se establecen no anexo I desta resolución, nas seguintes condicións:
1. Se, como consecuencia da avaliación, o alumno ou alumna debía repetir o módulo na súa totalidade, deberá cursa-lo ciclo formativo integramente.
2. O alumnado que obteña avaliación negativa e non estea nas circunstancias indicadas no punto anterior, deberá cursa-lo ciclo formativo correspondente na súa totalidade, se ben poderá solicitar á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional a validación dalgúns dos módulos do ciclo, en función das áreas superadas anteriormente. Estas solicitudes serán resoltas individualdamente, logo do informe da inspección educativa, á vista do informe do titor do ciclo, e no que deberá concretarse en qué medida a competencia profesional asociada a un módulo do ciclo foi conseguida na área superada. Estas solicitudes deberán presentarse antes do 15 de outubro de 1997 na secretaría do centro.
Quinto.-Distribución de prazas nos centros.
Nos centros sostidos con fondos públicos, as prazas dispoñibles para cursar cada ciclo formativo realizarase conforme a seguinte distribución:
1. Un 80% delas reservaranse para aquel alumnado que reúna os requisitos establecidos para o acceso directo.
2. O 20% das prazas restantes reservarase para aqueles solicitantes que, non reunindo os requisitos académicos para o acceso directo, acrediten que superaron a proba de acceso definida na Orde do 23 de maio de 1997.
3. As porcentaxes establecidas nos apartados anteriores son acumulables entre si; se non hai suficiente alumnado para cubri-las prazas de acceso directo, as sobrantes acumúlanse ás previstas para acceso mediante proba; así mesmo, se non hai suficiente alumnado que acceda mediante proba de acceso, as prazas sobrantes acumúlanse ás previstas para acceso directo. Procederase a efectua-la acumulación das prazas que queden baleiras unha vez concluído o proceso de escolarización efectuado respectivamente polas comisións de escolarización provinciais e autonómica.
Sexto.-Solicitude e proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio.
As solicitudes para cursar ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio nos centros sostidos con fondos públicos, así como o procedemento de admisión do alumnado, realizarase de acordo coa Orde do 6 de abril de 1995 (DOG do 12 de maio). O modelo de solicitude xúntase como anexo II da referida orde.
1. Cando o número de solicitudes para acceso directo sexa superior ó número de prazas dispoñibles, a selección dos aspirantes realizarase por aplicación dos criterios de baremación indicados no anexo I da citada orde.
2. Cando superen a proba de acceso máis persoas que prazas dispoñibles, a selección destas realizarase por aplicación dos criterios de baremación indicados no anexo I da Orde do 6 de abril de 1995.
Sétimo.-Solicitude e proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior.
As solicitudes para cursar ciclos formativos de formación profesional específica de grao superior nos centros sostidos con fondos públicos, así como o procedemento de admisión de alumnado, realizarase de acordo coa Orde do 22 de maio de 1997. O modelo de solicitude xúntase como anexo I á referida orde.
1. Cando o número de solicitudes para acceso directo sexa superior ó número de prazas dispoñibles, a selección dos aspirantes realizarase por aplicación dos criterios de baremación indicados no apartado quinto da citada orde.
2. No proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior, cando o número de demandantes procedentes da proba de acceso sexa superior ó número de prazas que se ofertan, aplicarase a seguinte orde de prioridade:
a) Maior puntuación na proba.
b) De persisti-lo empate, por sorteo público.
Oitavo.-Probas de acceso.
a) De acceso a ciclos formativos de grao medio:
Acreditará que o aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. É común para tódolos ciclos formativos de grao medio e así se fará constar na certificación. O seu contido atenderá ós aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da educación secundaria obrigatoria:
-Parte sociocultural:
Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade en galego e en castelán.
Coñecemento da historia, xeografía e actitudes da nosa tradición e patrimonio cultural, así como análise dos mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades.
-Parte científico-tecnolóxica:
Resolución de problemas nos campos das matemáticas e da tecnoloxía mediante procedementos de razoamento lóxico.
Realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnicos. Aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social.
b) De acceso a ciclos formativos de grao superior:
Consta á vez de dúas partes:
-Parte xeral: o aspirante deberá acredita-la madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, fundamentalmente en contidos procedementais do campo de:
Lingua galega e literatura.
Lingua castelá e literatura.
Lingua estranxeira (opción inglés ou francés).
Matemáticas: sobre contidos comúns ás matemáticas e ás matemáticas aplicadas ás ciencias sociais.
-Parte específica: o aspirante deberá acredita-la súa capacidade referente ó campo profesional de que se trate. Elixirá, por tanto, a opción indicada no anexo II desta resolución que lle permita o acceso ó ciclo formativo que acceder dentro dos ofertados nesta Comunidade Autónoma. Esta parte avaliará coñecementos en relación ás materias que se indican na primeira columna do citado anexo. Os ciclos formativos nos que non figura ningunha materia do bacharelato carecen de parte específica.
Noveno.-Períodos de inscrición e calendario de celebración das probas.
1. Antes do 30 de xuño as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comunicarán a tódolos centros docentes, para que o fagan público no taboleiro de anuncios, a relación de centros públicos nos que se realizarán as probas.
2. A inscrición á proba farase para os ciclos formativos de grao medio segundo o modelo incluído como anexo VIII na Orde do 23 de maio de 1997 e para os ciclos formativos de grao superior no anexo I da Orde do 22 de maio de 1997. En ámbolos dous casos entregarase no centro docente elixido en primeira opción, do 25 de xuño ó 30 de xullo e do 1 ó 10 de setembro.
3. As direccións dos centros entregarán á inspección educativa da provincia, antes do día 12 de setembro, a relación de persoas inscritas para realiza-las probas, así como, no caso daquelas que solicitaron a exención dalgunha das partes, a documentación relativa a elas.
4. As probas de acceso ós ciclos formativos serán elaboradas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de acordo co establecido na Orde do 23 de maio de 1997.
5. As probas de acceso a ciclos formativos de graos medio e superior celebraranse o día 15 de setembro de 1997, no horario que se indica a continuación:
a) Ciclos formativos de grao medio:
* De 9.30 a 11.30 horas: parte científico-tecnolóxica.
* De 12 a 14 horas: parte sociocultural.
b) Ciclos formativos de grao superior:
Parte xeral da proba:
* De 9.30 a 11.30 horas: lingua galega e literatura, lingua española e literatura e lingua estranxeira (francés ou inglés).
* De 12 a 13.30 horas: matemáticas.
Parte específica da proba:
* O aspirante realizará os exercicios da opción vinculada ó ciclo formativo para o que solicitou a proba de acceso, segundo o anexo II desta resolución. A duración máxima de cada exercicio desta parte será de 2 horas.
Décimo.-Validez da certificación de superación da proba.
1. Para facilita-la mobilidade do alumnado a certificación que se obteña trala superación da proba de acceso ós ciclos formativos de graos medio ou superior de formación profesional específica, regulada na Orde do 23 de maio de 1997, terá validez como requisito de acceso ós ciclos formativos especificados no anexo II da presente resolución. A validez da certificación será para o curso que se corresponde coas probas e para o curso académico seguinte, sempre que acade praza segundo o procedemento de admisión que corresponda.
2. No caso de se presentar á proba na convocatoria inmediatamente seguinte, a persoa interesada poderá facer uso da certificación que máis lle interese.
Undécimo.-Inscrición, matrícula e constitución de grupos.
a) Aspectos xerais:
1. Antes do 25 de xuño, as delegacións provinciais, a través do Servicio de Inspección, comunicarán ós centros docentes a oferta de ciclos formativos autorizados así como o número de prazas de cada un deles para o curso 1997-1998.
2. O alumnado que teña acceso directo realizará a súa inscrición segundo o modelo incluído como anexo I na Orde do 22 de maio de 1997, no centro elixido como primeira opción, nos períodos comprendidos entre o 25 de xuño ó 30 de xullo e do 1 ó 10 de setembro.
b) Matrícula das persoas que accederon por proba:
3. O resultado das probas de acceso a ciclos formativos deberá facerse público o 19 de setembro nos centros onde se desenvolveron. Así mesmo, expedirase a acreditación ó alumnado que superou as referidas probas, segundo o modelo que figura nos anexos IV e V da Orde do 23 de maio de 1997.
4. Os días 19 e 20 de setembro as persoas que superaron a proba entregarán nos centros elixidos en primeira opción a devandita acreditación de tela superada.
5. Antes do 24 de setembro exporase nos taboleiros de anuncios dos centros a relación de alumnado que solicita acceso mediante proba, ordenado de maior a menor puntuación, obtida no caso dos ciclos formativos de grao medio segundo se recolle nos apartados sexto e sétimo desta resolución.
6. O alumnado que obteña praza deberá formaliza-la matrícula antes do día 26 de setembro.
c) Matrícula das persoas con acceso directo:
7. Os centros farán públicas antes do 15 de setembro as listas de persoas que reúnan requisitos académicos para acceso directo, a cada un dos ciclos formativos. Estarán ordenadas de maior a menor puntuación, aplicando os procedementos de baremación indicados nos apartados sexto e sétimo desta resolución.
8. O alumnado que obteña praza deberá formaliza-la matrícula antes do día 20 de setembro.
d) Finalización do proceso:
9. A documentación do alumnado que non obtivo praza no centro e solicitaba ademais outros estudios ou centros será entregada na delegación provincial: antes do día 23 setembro para o alumnado de acceso directo e antes do día 27 de setembro para o alumnado de acceso mediante proba. Nese mesmo momento os centros comunicarán á delegación provincial o número de prazas vacantes para acceso directo, se é o caso.
10. As comisións de escolarización provinciais publicarán en tódolos casos as oportunas resolucións
antes do día 30 de setembro, na delegación provincial e nos centros docentes, a relación de alumnado admitido para cursar un determinado ciclo, tanto por acceso directo como a través de proba, debendo formaliza-la súa matrícula no prazo que para tal efecto establezan os propios centros.
11. A matrícula para cursar ciclos formativos nos centros privados formalizarase antes do día 30 de setembro.
12. A non formalización da matrícula nos prazos estipulados nos apartados anteriores, salvo causas debidamente xustificadas, implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 1997-1998.
13. Para cada ciclo formativo constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnos por centro. O número de alumnos de cada grupo dependerá das características pedagóxico-didácticas e das posibilidades das instalacións e medios de cada ciclo e centro en particular, non debendo superar en ningún caso os 30 alumnos. Calquera modificación deste límite requirirá autorización previa e expresa da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Disposicións derradeiras
Primeira.-De acordo co establecido no punto noveno da Orde do 22 de maio de 1997 o prazo para resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións dos consellos escolares, das comisións de escolarización ou da inspección educativa será como máximo de dous días.
Segunda.-Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para o curso 1997-1998.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 1997.
José Luís Mira Lema
Director xeral de Ordenación Educativa
e de Formación Profesional
Delegados Provincias da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Módulo profesional Ciclo formativo que o substitúe
Explotacións agropecuarias Explotacións agrarias extensivas Horticultura Explotacións agrícolas intensivas Traballos forestais e de conservación do medio natural Instalacións e mantemento de xardíns. Xardineiro productor de plantas Xardinería Aproveitamentos forestais e conservación da natureza. Xestión e organización dos recursos naturais paisaxísticos. Instalador/Mantedor eléctrico Equipos e instalacións electrotécnicas Operador de máquinas ferramentas Mecanizado
Módulo profesional Ciclo formativo que o substitúe
Administración e xestión Xestión administrativa Administración de empresas Administración e finanzas Comercio exterior Comercio internacional Educador infantil Educación infantil Mantemento en instalacións e servicios auxiliares Mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso Auxiliar de enfermería Coidados auxiliares de enfermería Sistemas automáticos e programables Sistemas de regulación e control automáticos Mantemento e operación técnica de equipo de R.T.V Sistemas de telecomunicación e informáticos Instalacións e mantemento de equipos de frío e calor Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor Actividades físicas e animación deportiva Animación de actividades físicas e/ou deportivas Fabricación mecánica Producción por mecanizado Reproducción fotomecánica Preimpresión en artes gráficas
ANEXO II
RELACIÓN DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR ÓS QUE DÁ ACCESO A SUPERACIÓN DA PROBA SEGUNDO A SÚA PARTE ESPECÍFICA REALIZADA
da proba
Materia da parte específica
Ciclos formativos
-Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos
-Salúde ambiental bioloxía -Anatomía patolóxica e citoloxía
-Dietética
-Documentación sanitaria
-Hixiene bucodental
-Imaxe para o diagnóstico
-Radioterapia
-Laboratorio de diagnóstico clínico -Fabricación e transformación de productos de vidro -Realización de audiovisuais e espectáculos
-SonCiencias da terra e do medio ambiente e bioloxía -Xestión e organización de empresas agropecuarias
Química e
-Producción acuícola Bioloxía -Estética
Química -Desenvolvemento e fabricación de productos cerámicos
Física -Imaxe
da proba
Materia da parte específica
Ciclos formativos
-Próteses dentais
-Patronaxe
-Deseño e producción editorial
-Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas
-Producción en industrias de artes gráficas
-Desenvolvemento de proxectos mecánicos
-Producción por fundición e pulvimetalurxia
-Producción por mecanizado
-Desenvolvemento de productos en carpintería e moble
-Producción de madeira e moble
-Procesos de confección industrial
-Procesos téxtiles de fiadura e tecedoría de calada
-Procesos téxtiles de tecedoría de punto
-Realización e plans de obra
-Construccións metálicas
-Mantemento de equipo industrial
-Mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso
-Automoción
-Mantemento aeromecánico -Instalacións electrotécnicas
-Sistemas de regulación e control automáticos
-Sistemas de telecomunicación e informáticos
-Mantemento de aviónica
-Industrias de proceso químico -Fabricación de productos farmacéuticos e afins
-Química ambiental
-Procesos de ennoblecemento textil
-Curtidos -Desenvolvemento de aplicacións informáticas
-Animación de actividades físicas e deportivas
-Animación sociocultural
-Educación infantil
-Interpretación do linguaxe de signos
-Integración socialDebuxo técnico -Ortoprotésica
Debuxo técnico e tecnoloxía industrial -Navegación, pesca e transporte marítimo
Debuxo técnico e mecánica -Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción
Electrotecnia e tecnoloxía industrial -Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutención
Electrotecnia e mecánica -Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque
Electrotecnia -Desenvolvemento de productos electrónicos
Química e tecnoloxía industrial -Industria alimentaria Química e tecnoloxía e física -Industrias de proceso de pasta e papel
Química e física e bioloxía -Análises e control
Debuxo técnico e tecnoloxía industrial e química -Plásticos e caucho
-Administración de sistemas informáticos
da proba
Materia da parte específica
Ciclos formativos
-Comercio internacional
-Xestión comercial e marketing
-Xestión do transporte
-Servicios ó consumidor
-Restauración
-Aloxamento
-Producción de audiovisuais, radio e espectáculos
Economía e organización de empresas -Administración e finanzas
Economía e organización de empresas e segunda lingua estranxeira -Secretariado Historia do mundo contemporáneo -Asesoría de imaxe corporal Xeografía e historia da arte -Información y comercialización turística Xeografía e economía e organización de empresas -Axencias de viaxes
* estes ciclos formativos carecen da parte específica da proba.
5111