Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria do día 15 de abril de 1997, adoptou o seguinte acordo:

2. Aprobación definitiva, se procede, da revisión e adaptación das normas subsidiarias de Val do Dubra. O Pleno, por sete votos a favor do grupo popular e tres abstencións do grupo socialista, e co quorum da maioría absoluta legal, acorda:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o documento de revisión e adaptación das normas subsidiarias municipais de planeamento de Val do Dubra no documento no que quedan debidamente recollidas a ordenación e determinacións finalmente resultantes, logo das correccións introducidas como consecuencia dos informes da consellería.

Segundo.-Publica-lo acordo de aprobación definitiva, así como o articulado da normativa destas normas subsidiarias no BOP. Publicar tamén o acto de aprobación no DOG e comunicarllo a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda xunto co traslado dunha copia adverada do expediente e dous exemplares das normas aprobadas definitivamente.

Terceiro.-Entrada en vigor terá lugar unha vez publicado completamente o seu texto, e transcorrido o prazo ó que fai referencia o artigo 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, RBRL, quedando tamén condicionada pola recepción do expediente completo na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Val do Dubra, 13 de maio de 1997.

Juan Manuel Baleato Iglesias

Alcalde

4466