Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle U.E. IND II-06 S. Andrés de Comesaña (expediente 3487/411).

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 30 de novembro de 1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na U.E. II-06 San Andrés de Comesaña, delimitada no PXOU de Vigo, conforme a documentación presentada por Alejandro Italiani Quicler, e redactado polos arquitectos Javier Pena e Luis Saez Silva, e visado polo COAG con data do 8 de febreiro de 1995, indicando que a parcelación que nel figura ten carácter indicativo, pendente de concretar no oportuno proxecto de compensación.

Cumprido o esixido polo Pleno, sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da casa do concello.

Significando que o prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 16 de maio de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4971