Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Polo presente anuncio e de conformidad co artigo 8.d da Lei 7/1995, do 29 de xuño, anúnciaselle que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 14 de marzo de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o PERI da zona 1 do SU-48, por instancia de Antonio Pérez Álvarez, en nome e representación de Unión Carrocera, S.A. (Unicar), cos condicionamentos impostos en informes do Servicio de Enxeñería 2-9-1996 e na observación quinta do informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo, que é potestativa a interposición de recurso contencioso-administrativo perante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da recepción da presente comunicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así considerase conveniente.

Que dentro da documentación do PERI da zona 1 do SU-48 figuran as seguintes ordenanzas reguladoras:

Artigo 1º.-No previsto no presente articulado, serán de aplicación as ordenanzas contidas no Plan Xeral de Ourense, en especial os referentes á ordenanza de ordenación aberta.

Artigo 2º.-Son determinacións de ordenación do presente plan especial as contidas nas fichas características volumétricas, sendo o resto dos documentos medios de interpretación.

Artigo 3º.-Os sotos destinados a garaxes-aparcadoiros indicados nos planos teñen o carácter de

superficies mínimas, e poderán ampliarse con cumprimento da normativa xeral do plan xeral, manténdose dentro da parcela edificable.

Artigo 4º.-Non se admitirán máis saíntes sobre a liña máxima de edificación sinalada nas fichas de definición de volumes; unicamente se permitirán saíntes que non superen os 40 cm de carácter ornamental ou de composición.

Artigo 5º.-Os distintos bloques de vivendas disporán dunha altura de planta baixa e 3 plantas de pisos; permitiranse os aproveitamentos baixo cuberta, computándose como volume cando o seu uso estea destinado a vivenda.

Artigo 6º.-Para a concesión da licencia de edificación será preceptivo o cumprimento do artigo 41 do Regulamento de xestión.

Artigo 7º.-Poderá remodelarse a edificación a través dun estudio de detalle sempre que non aumente a superficie edificable das parcelas, as alturas, nin o volume máximo permitido.

Artigo 8º.-A planta baixa poderá destinarse a usos residenciais, comerciais, administrativos, esparexemento, equipamento ou sanitario e a súa altura máxima é de 5 m salvo que o uso sexa residencial, caso no que o solo terá que sobreelevarse un mínimo de 1 m sobre a rasante oficial. A ocupación en planta baixa será como mínimo do 60% da superficie de planta de piso. Para os efectos do cómputo de vivendas para determina-lo número de ascensores non se terán en conta as que se establezan en planta baixa.

Artigo 9º.-Os terreos de cada parcela edificable non constituídos serán urbanizados polo promotor e destinados a uso público.

Artigo 10º.-Son usos compatibles co residencial os seguintes, definidos no plan xeral vixente, debendo ter acceso independente:

-Comercial, en situacións 2ª, 3ª e 4ª.

-Oficinas en situacións 3ª e 4ª.

-Industrial categoría 1ª sen molestias para as vivendas e 5ª almacéns.

-Espectáculos, hoteleiro, ensino, sanitario e asistencial, administrativo, relixioso, deportivo, cultural e servicios urbanos baixo a área deportiva ou anexa á rede viaria.

Artigo 11º.-O proxecto que se presente deberá respecta-las superficies máximas construídas nas fichas características de cada parcela, se ben a composición dentro de cada unha será libre.

Artigo 12º.-Co obxecto de que poida ser posible igualar cornixas, as rasantes de implantación de cada edificación poderán alterarse en ±1 m, sempre que non altere a altura máxima de cornixa, nin a altura máxima de cada planta.

Ourense, 13 de maio de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

4032