Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-280).

Por Decreto desta Alcaldía nº 2688/1997, con data do 3 de xuño de 1997, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da UE nº 7, en Aguieira-Dorneda, tramitado por Edificios Argos, S.A. Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Durante o dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo, de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 12 de xuño de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

4129