Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

Próximo a remata-lo prazo legal polo que se nomeou xuíz de paz, titular e substituto deste municipio, en cumprimento do establecido na Ley orgá

nica do poder xudicial, e co fin de proceder á nova elección, ábrese a seguinte convocatoria:

1. Obxecto: presentación de solicitudes perante o alcalde-presidente deste concello, por parte de quen desexe exerce-lo cargo de xuíz de paz titular ou substituto.

2. Prazo de presentación: 15 días hábiles contados a partir da última publicación no BOP ou no DOG.

3. Condicións legais dos aspirantes ou solicitantes:

a) Ser español maior de idade.

b) Estar capacitado física ou psiquicamente para a función xudicial.

c) Non estar cumprindo condena por delicto doloso.

d) Non estar suxeito a proceso pola mesma clase de delicto.

e) Posuí-lo pleno exercicio dos seus dereitos civís.

4. Xuntaranse á solicitude os documentos seguintes:

-Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

-Certificado no Rexistro Central de Penados e R. e declaración complementaria de conducta cidadá.

-Xustificación de méritos (de alegalos o solicitante).

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Arbo, 15 de maio de 1997.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde

4363