Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

EDICTO polo que se fai pública a convocatoria para elección de xuíz de paz titular e substituto.

De conformidade co establecido no artigo 101 e concordantes da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión dos cargos de xuíz de paz titular e substituto deste termo municipal, conforme as seguitnes bases:

Primeira.-Obxecto.

A provisión dos referidos cargos por un período de catro anos.

Segunda.-Solicitudes.

Presentaranse na Secretaría no Concello, de 8 a 14 horas, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Certificado de nacemento ou fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, acompañada de declaración complementaria do solicitante, referida a que non se atopa inculpado ou procesado.

d) Xustificación dos méritos alegados polo solicitante.

Terceira.-Condicións legais.

Ser español e maior de idade; non atoparse incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xurídicas, agás activiades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade sinaladas no artigo 389 da Lei orgánica, operarán con posterioridade ó nomeamento, mediante opción efectuada polo nomeado.

Son causas de incapacidade: estar impedido física ou psiquicamente para a devandita función; estar condenado por delicto doloso, en canto non se obteña a rehabilitación; estar procesado ou inculpado por delicto doloso, en canto non se obteña a absolución ou sexa dictado auto de sobresemento, e non atoparse en pleno exercicio dos dereitos civís.

Bueu, 23 de maio de 1997.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

4429