Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO da alcaldía relativo á aprobación definitiva do Plan Parcial de Saa.

O Concello da Guarda, en sesión celebrada por el, o día 23 de maio de 1997, aprobou definitivamente o Plan Parcial de Saa (sector 1) SUP nº 7 do vixente PXOU da Guarda.

Así mesmo e de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, en relación co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publícase o presente acto de aprobación definitiva no DOG e comunicaráselle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, dándolle traslado dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento definitivamente aprobado con tódolos planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

O mencionado acto de aprobación definitivo e a entrada en vigor do mencionado plan queda condicionado á recepción do citado expediente pola mencionada consellería e, se é o caso, á publicación das súas normas e ordenanzas consonte o establecido na lexislación de réximen local.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpo-lo recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel en que se reciba a presente notificación.

De interpoñelo, advírtese que o artigo 110.3º da Lei 30/1992, require a comunicación previa ó organo que dictou o acto impugnado.

A Guarda, 29 de maio de 1997.

Purificación Álvarez

Alcaldesa

4101