Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997 pola que se anuncia poxa, con procedemento aberto, para a execución das obras comprendidas no proxecto de dotación de plaqueta e pintura interior do colexio público Raquel Camacho.

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O97/41.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de dotación de plaqueta e pintura interior do colexio público Raquel Camacho.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 16.808.510 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 336.170 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderzo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: os licitadores con propostas económicas que excedan en máis de dez unidades a media aritmética das porcentaxes de baixa de tódalas proposicións presentadas deberán xustifica-las ditas baixas xuntando a documentación a que se refire a cláusula 25ª do prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó do acto público de apertura das ofertas económicas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de xuño de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

4393