Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a execución das obras comprendidas no proxecto de construcción dunha praza pública na 2ª fase do polígono de Elviña.

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O97/36.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de construcción dunha praza pública na 2ª fase do polígono de Elviña.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 59.056.568 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.181.131 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo A, subgrupo 1, categoría c. Grupo D, subgrupos 2, 4 y 5, categoría c. Grupo I, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) o o seguinte lema: Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de construcción dunha praza pública na 2ª fase do polígono de Elviña.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de maio de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

5015