Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a prestación do servicio de mantemento e xestión do forno crematorio do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns.

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As97/10.

2. Obxecto do contrato: prestación do servicio de mantemento e xestión do forno crematorio do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns.

Prazo de execución: dous anos prorrogables ata seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 13.000.000 de ptas. anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 260.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderzo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 7, categoría b.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) o o seguinte lema: Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación da prestación do servicio de mantemento e xestión do forno crematorio do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de maio de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

5014