Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das propostas de resolución dos expedientes sancionadores de pesca fluvial 97 e 121/1996 P, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da

Lei 7/1992, de 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 51, do 5-8-1992).

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas 4 e 6 baixo, Ourense, e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

Vistas tódalas actuacións, o órgano competente por razón do tipo de infracción presuntamente cometida, consonte o establecido no artigo 12 da LRXPA e no 40.3º da Lei 7/1992 de pesca fluvial, dictará a resolución que será notificada oportunamente.

Ourense, 19 de maio de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

Nº Expte.Nome e apelidos

do denunciado

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

97/96 PManuel García Martínezr/ San Roque, 40

Viana do Bolo, Ourense

Pesca con utensilios non autorizadosArt. 33.4º da

Lei de pesca fluvial

25.000 ptas.
121/96 PIgnacio Antón SantosCeferino Armesto, 8

Viana do Bolo, Ourense

Pescar en zona vedadaArt. 34.1º da

Lei de pesca fluvial

50.001 ptas.

97-4757