Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das providencias de apertura dos expedientes sancionadores de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (6/1997 P e tres máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPA), notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de pesca fluvial 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto). Así mesmo, designo ins

tructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougil quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles,contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas 4 e 6 baixo, Ourense, e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentar alegación no prazo fixado e, consonte o Art. 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará ó remate do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo isto sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que

establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do Art. 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o Art. 12 da LRXPA e no 40.3º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Ourense, 19 de maio de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez.

Delegado provincial de Ourense

Nº Expte.Nome e apelidos

do denunciado

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

6/97 PJosé Inocencio Araújo DacalMalgrat 89-91, 3-3

Barcelona

Non respecta-las prescricións especiaisArt. 33.9º da

Lei de pesca fluvial

25.000 ptas.
17/97 PDaniel Garrido FernándezSan Rosendo 27-1º B

Ourense

Non respecta-las prescricións especiaisArt. 33.9º da

Lei de pesca fluvial

25.000 ptas.
18/97 PJoaquín Rodríguez MartínezAvda. Cid, 72, BurgosNon respecta-las prescricións especiaisArt. 33.9º da

Lei de pesca fluvial

25.000 ptas.
50/97 PJosé Mª Caseiro Losadar/ José Antonio 7-3º

Ribadavia, Ourense

Practica-la pesca sen licencia e en época de vedaArt. 34.1º e 34.8º da

Lei de pesca fluvial

65.000 ptas.

97-4678