Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das providencias de apertura dos expedientes sancionadores de transporte pecuario, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (T-33/1997 e dous máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPA), notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de epizootias de 20/12/1952 e o seu regulamento do 4/2/1955, modificado, entre outros, polo R.D. do 7/5/1976. Así mesmo, designo instructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougil quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas 4 e 6 baixo, Ourense,

e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentar alegación no prazo fixado e, consonte ó Art. 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará o remate do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo isto sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do Art. 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o Art. 12 da LRXPA e no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 19 de maio de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez.

Delegado provincial de Ourense

Expte.

Nome e apelidos

do denunciado

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrec. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

T-33/97Severo Nogueira Fernándezr/ Circunvalación 18

A Rúa, Ourense

Transporte de gando sen guía de orixeArt. 32 da Lei

de epizootias

15.000 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil

Expte.

Nome e apelidos

do denunciado

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrec. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

T-43/97Miguel Ángel Sánchez Hortasr/ do Progreso

202 1º D

A Rúa, Ourense

Transporte de gando sen guía de orixeArt. 32 da Lei

de epizootias

30.000 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil
T-45/97Emilio Rodríguez Baltarr/ Manuel Murguía

3 3ºE

Ourense

Transporte de gando sen guía de orixeArt. 32 da Lei

de epizootias

20.000 ptas.Mª Rosa Rguez. Cougil

97-4756