Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das resolucións dos expedientes sancionadores T-26 e T-49/96 incoados por infracción da normativa vixente en materia de transporte pecuario, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de epizootías do 20-12-1952 e o seu Regulamento do 4-2-1955, modificado, entre outros, polo R.D. do 7-5-1976.

O importe da sanción, que en cada caso corresponda, farase efectivo na conta 44030/003918-8 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, agás a presentación do recurso pertinente. No caso contrario, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 19 de maio de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

Nº Expte.Nome e apelidos

do denunciado

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

imposta

T-26/96Ramón Augusto Vences GonzálezCortegada, OurenseTransporte de gando sen guía de orixeArt. 32 da

Lei de epizootias

15.000 ptas.
T-49/96José Manuel Márquez TaboadaSilleda, PontevedraTransporte de gando sen guía de orixeArt. 32 da

Lei de epizootias

15.000 ptas.

97-4754