Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (121/1997).

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela fai saber que neste xulgado se segue o procedemento Ex. Dom. Rean. tracto 121/1997, por instancia de María Filomena Dorotea Amigo Martínez, María de las Nieves Paz Amigo Martínez e María de la Luz Amigo Martínez, expediente de dominio para a inmatriculación dos seguintes predios: piso oitavo F, na oitava planta alta, dunha planta sen número sito na rúa Xeneral Pardiñas da cidade de Santiago de Compostela, casa sinalada hoxe co nº 32- ultimamente co nº 10- destinado a unha vivenda. Ocupa a extensión de cincuenta e tres metros e trinta decímetros cadrados e linda: polo norte ou dereita, ó entrar na casa, co predio de César Ouro; polo sur ou esquerda, co piso oitavo E (número corenta e nove); polo leste ou fronte da casa, en parte co relanzo da escaleira e no resto co patio de luces do norte; e polo oeste ou fondo, con espacio aéreo sobre a cuberta de parte do baixo (número dous). Ten

o seu acceso pola escaleira da dereita, segundo se entra na casa, e polo ascensor desta, e atribuíuselle, como cota de participación en relación ó valor total do inmoble, o un vintecinco por cento.

Polo presente edicto, e en virtude do acordado en providencia desta data, son convocadas as persoas ignoradas ás que lles puidese prexudica-la inscrición solicitada para que, no termo dos dez días seguintes ó da publicación deste edicto, poidan comparecer no expediente e alegaren o que ó seu dereito conveña.

Santiago de Compostela, vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4238