Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DO CARBALLIÑO

EDICTO (72/1997).

Eu, María Elena Muruais Bao, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción do Carballiño, fago público que neste xulgado se tramita, co nº 72/1997, expediente sobre declaración de herdeiros ab intestato de Sira Mosquera González, natural de Maside-Ourense, nacida o día 14 de maio de 1905, falecida, sen testar, o día 5 de xaneiro de 1997 en Ourense, polo que reclama a súa herdanza Manuel Mosquera

González, irmán da causante, a súa sobriña Generosa Mosquera González, filla do falecido José Mosquera González e os sobriños: José, Benita e Etelvina Rodríguez Quintala, fillos do premorto Camilo Rodríguez Mosquera, que pola súa banda era fillo de Etelvina Mosquera González, premorta irmá da causante. Acórdase por resolución desta data chamar polo presente edicto ós que se crean con igual ou mellor dereito, para que comparezan no xulgado e reclamalo dentro de trinta días, conforme dispón o artigo 984 da Lei de axuizamento civil.

O Carballiño, vinte de maio de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

4729