Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.210

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (96/1997).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución con data do 30 de abril de 1997, nos autos de declaración menor contía Rec. cantidade número 96/1997, seguidos neste xulgado por instancia de Manuel Montes Pena, representado pola procuradora Mª Soledad Sánchez Silva, contra José Manuel Liste Valdés e Concepción Blanco Codavid, emprázase os demandados José Manuel Liste Valdés e Concepción Blanco Codavid, para que no termo de vinte días comparezan en autos, con avogado que os defenda, coa prevención de que, se non comparecen, serán declarados en rebeldía e recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ós demandados José Manuel Liste Valdés e Concepción Blanco Codavid, expido o presente edicto, que asino en Santiago de Compostela, 15 de maio de 1997.

A secretaria

Rubricado

3983