Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.210

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (9/1996-2).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de tercería mellor dereito menor contía número 9/1996-2, seguidos neste xulgado por instancia de María Luisa Castiñeiras Tarrío, representada pola procuradora Rita Goimil Martínez, contra Banco Español de Crédito, Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández, Graveiras Xeixo, S.A., José Ángel González Piñeiro e Mª del Carmen García González, emprázase os demandados Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández, Graveiras Xeixo, S.A., José Ángel González Piñeiro e Mª del Carmen González para que no termo de dez días comparezan en autos, con avogado que os defenda, coa prevención de que, se non comparecen, serán declarados en rebeldía e recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ós demandados Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández, Graveiras Xeixo, S.A., José Ángel González Piñeiro e Mª del Carmen García González, expido o presente edicto, que asino en Santiago de Compostela, 7 de maio de 1997.

A secretaria

Rubricado

3984