Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.210

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (129/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, nove de outubro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 129/1996, seguidos por furto, nos que é denunciante a entidade Puertosere, S.L. e nos que aparece como parte denunciada Jaime Iglesias Casas, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Jaime Iglesias Casas como autor responsable dunha falta de furto do artigo 587.1º do Código Penal derrogado, á pena de 2 días de arresto menor que xa se extinguiu, e que lle debe entregar á entidade Puertosere, S.L., a cantidade de 1.075 pesetas consignada neste procedemento; así mesmo, deberá aboa-las custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Jaime Iglesias Casas, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, vintenove de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3737