Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.207

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (260/1996).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial.

Fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de separación número 260/1996, por instancia de Jesús Rodríguez Martínez, contra Pascale Nelly Onurer e Ministerio Fiscal; nos seus autos, por resolución do día da data acordouse notificarlle ó referido demandada, Pascale Nelly Onurer por edictos, a sentencia coa parte dispositiva e resolucións seguintes:

«En Corcubión o doce de maio de mil novecentos noventa e sete, Zulema Gento Castro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta vila, pronuncia en nome de El-Rei a seguinte sentencia.

Vistos os precedentes autos de separación conxugal seguidos neste xulgado baixo o número 260/1996, polos trámites da disposición adicional 5ª da Lei 30/1981, do 7 de xullo, en virtude de demanda formulada polo procurador García Rodríguez, en representación de Jesús Rodríguez Martínez, asistido do letrado Antelo Trillo, designados en queda de oficio, contra Pascale Nelly Onurer en situación de rebeldía procesual e contra o Ministerio Fiscal, recaendo neles a presente resolución de acordo co seguinte.

Resolvo que estimando no seu pedimento principal a demanda presentada pola representación de Jesús Rodríguez Martínez, debo acordar e acordo a separación do matrimonio contraído entre o citado e Pascale Nelly Onurer, con tódolos efectos legais inherentes e en especial os seguintes:

1. O fillo menor quedará en compañía e baixo a custodia do pai, se ben a patria potestade continuará exercéndose por ámbolos proxenitores.

2. Fixarase en execución de sentencia o réxime de visitas así como a contribución ás cargas familiares que lle corresponden á esposa.

3. A vivenda conxugal quedará en uso do esposo e do fillo común.

4. Non se fai especial pronunciamento en custas.

Firme esta resolución remítase testemuño dela ó encargado do Rexistro Civil de Camariñas co fin de que se faga a correspondente inscrición marxinal no asento da inscrición do matrimonio. Notifíqueselles ás partes en forma legal, facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela se poderá interpoñer, perante este xulgado, no prazo de cinco días contados desde a súa notificación, recurso de apelación para ente a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no BOP e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado, expídese o presente edicto en Corcubión o vinte de maio de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3617