Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.168

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001496/1996, interposto por Angeran, S.L.

O 30 de maio de 1997, a Consellería de Cultura e Comunicación Social recibe da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001496/1996, interposto por Angeran, S.L., contra resolución do secretario xeral, por delegación do conselleiro de Cultura e Comunicación Social do 12-7-1996 desestimando o recurso ordinario de 8-3-1996, sobre denuncia por obras no Pazo de Santa Cruz, A Carrasqueira, Bueu.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei

10/1992, do 30 de abril, a remisión do citado expediente administrativo á referida Sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de

Cultura e Comunicación Social

4741