Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do catálogo de edificacións e elementos que hai que conservar do termo municipal (urbano e rural).

A Comisión de Goberno, o 19-5-1997, acordou prestar aprobación inicial ó proxecto de modificación puntual do catálogo de edificacións e elementos que hai que conservar do termo municipal (urbano e rural) formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, referente ó colexio do Sagrado Corazón de Placeres, muro-acueducto do Rañadoiro en Ponte Sampaio e execución dos aproveitamentos baixo cuberta nos edificios catalogados.

Durante un prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente

incoado na Unidade Municipal de Fomento (rúa Dona Teresa) e formula-las alegacións que considere procedentes.

Pontevedra, 22 de maio de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4329