Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), pola que se anuncian os concursos públicos, por procedemento aberto, para a subministración de material xeral (C.P. 3/1997 N), material de laboratorio (C.P. 4/1997 N), papel para padiola e de aseo (C.P. 5/1997 N).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca os seguintes concursos públicos:

-Expediente 3/97 N.

Obxecto: subministración de material xeral: guantes, vendas, compresas gasa, agullas para inxector de insulina e xiringas.

Orzamento: 20.875.700 ptas. (IVE incluído).

-Expediente 4/97 N.

Obxecto: subministración de material de laboratorio: tiras reactivas determinación glicosa no sangue.

Orzamento: 2.400.000 ptas. (IVE incluído).

-Expediente 5/1997 N.

Obxecto: subministración de papel para padiola e papel secamáns.

Orzamento: 2.448.000 ptas. (IVE incluído).

1. Prazo de entrega: os bens obxecto dos concursos referidos entregaranse: primeira entrega ós 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato. O resto, segundo necesidades comunicadas polo servicio competente.

2. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

3. Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen os presentes concursos.

7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa

México 26-1ª pranta (Vigo), teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde ás 9 ata as 14 horas.

8. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204, Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento dos anuncios dos presentes concursos públicos correrá por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 27 de maio de 1997.

Alberto García Pazos

Director-xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo

4921