Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), pola que se anuncian os concursos públicos, por procedemento aberto, para a subministración de material xeral (C.P. 6/1997 S), material de laboratorio (C.P. 7/1997 S), papel padiola e de aseo (C.P. 8/1997 S) e papel de oficina (C.P. 9/1997 S).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade y Servicios Sociais, convoca os seguintes concursos públicos:

-Expediente: 6/97S.

Obxecto: subministración de material xeral, luvas, bolsas de esterilización, follas bisturí, lancetas, esparadrapo, vendas, apósitos autoadhesivos, compresas gasa, sedas, agullas e xiringas.

Orzamento: 26.137.000 ptas. (IVE incluído).

-Expediente: 7/97 S.

Obxecto: subministración de material de laboratorio, tiras reactivas de ouriños, tiras reactivas determinación glicosa no sangue, tests estreptococos e tests de embarazo.

Orzamento: 4.742.500 ptas. (IVE incluído).

-Expediente 8/97 S.

Obxecto: subministración de papel por padiola, papel secamáns e hixiénico.

Orzamento: 4.495.000 ptas. (IVE incluído).

-Expediente 9/97 S

Obxecto: subministracion de papel de oficina.

Orzamento: 3.265.000 ptas. (IVE incluído).

1. Prazo de entrega: os bens obxecto dos concursos referidos entregaranse: primeira entrega ós 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato. O resto, segundo necesidades comunicadas polo servicio competente.

2. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 129 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen os presentes concursos.

7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26-1ª planta (Vigo), teléfono (986) 81 64 66 en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

8. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México, 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achegalos licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento dos anuncios dos presentes concursos públicos correrán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 26 de maio de 1997.

Alberto García Pazos

Director-xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo

4681