Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN definitiva do proxecto de urbanización do PERI I-06 Hispanidade (expediente 3989/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo deste concello en sesión extraordinaria celebrada o día 8 de maio de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do PERI I-06 Hispanidade, conforme a documentación elaborada polos técnicos superiores Moreno García e López Santander, visada polo COAG, con data 28 de agosto e 30 de outubro de 1996, nos termos da súa aprobación inicial, advertindo os promotores de que previamente ó inicio das obras deberán presentar garantía suficiente pola totalidade do custo das obras proxectadas que ascende a un total de 32.016.807 pesetas e que o prazo de execución das obras é de 9 meses.

Vigo, 28 de maio de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4920