Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Lourido, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A15.7685 (15/058/1/1).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Lourido, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Cariño (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial na Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos, praza Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña, praza de Pontevedra, 22-2º, 15003 A Coruña.

* Concello de Cariño, r/ Praza Pulida, s/n, 15360 Cariño-A Coruña.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Rafael Pita Crego.

Enderezo: Avda. Zumalacárregui, 18, 15350 Cedeira, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Central Hidroeléctrica de Lourido.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 500 l/s.

Corrente de derivación: río Lourido.

Tramo ocupado (cotas): 200-60,66 m.

Desnivel: 139,34 m.

Altura do azude: 4,79 m.

Potencia: 558 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Cariño (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

Proxéctase un azude de derivación de nova construcción, sendo de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación de 23,85 m (cota de coroación 200,45 m). Presenta un vertedoiro do cal o labio se encontra a cota 200 m, cunha lonxitude de vertido de 4,5 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito; presenta no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo na parte central.

A obra de toma sitúase no estribo dereito do azude e presenta una reixa de grosos. A cámara de toma ten unha planta rectangular de dimensións 4,5 mx2,10 m cun escorredoiro lateral e unha comporta de limpeza e baleirado.

Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe dereita do río Lourido, aproveitándose a antiga canle do aproveitamento; ten unha lonxitude de 1.050 m e está construído en formigón cunha sección rectangular de 0,8 mx0,8 m escavada no terreo a media ladeira.

Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 7,2 mx4,5 m e unha altura de caixeiros de 3,7 m e dispón de comporta que conecta co tubo de

carga. A cámara de carga dispón tamén de escorredoiro e comporta para limpeza e baleirado.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 0,5 m de aceiro cunha lonxitude de 358 m, e desenvólvese na súa totalidade na marxe dereita do río Lourido.

Central.

Utilízase a central do antigo aproveitamento, que é un edificio de planta rectangular de dimensións 15 mx8 m e una altura media de 4,5 m.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución construída en formigón. A cota de desaugamento é a 60,66 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por unha turbina Pelton de eixe horizontal, 600 r.p.m., para 0,5 m/s e un salto de 133,08 m (potencia 558 kW); o alternador é asíncrono de 750 kVA, 6,6 kV de tensión e 1.000 r.p.m.

-Transformador de 750 kVA e elevación de 6,6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e imposición de servidumes os que a seguir se indican cos seus propietarios:

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

4790