Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Lérez, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A36.3072 (3/273/14).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Lérez, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación do impacto ambiental e dos efectos ambientais para Galicia, respectivamente, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións,

suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio

do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de trinta (30) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa dos concellos de Cotobade, Campo Lameiro e Pontevedra (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: r/ Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de impacto ambiental.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra, r/ Benito Corbal, 47-3ª planta, 36071 Pontevedra.

* Concello de Cotobade, Chan, 11, Carballedo, 36856 Cotobade-Pontevedra.

* Concello de Campo Lameiro, Lugar de A Lagoa-Campo Lameiro, 36110 Pontevedra.

* Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Hidroeléctrica de Cotobade, S.L.

Representante: Camilo Pazos Solla.

Enderezo: r/ Grosa, 14, Almofrei, 36858 Cotobade-Pontevedra.

Denominación do aproveitamento: A.H. de Cutián.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 30.000 l/s.

Corrente de derivación: Lérez.

Tramo ocupado (cotas): 74-63,5 m.

Desnivel: 10,5 m.

Altura do azude: 5,5 m.

Potencia: 2.622 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concellos de Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade de planta recta, situado á cota do leito 68,5 m e unha lonxitude de coroación de 71 m (cota de coroación 74 m). O escorredoiro sitúase ó longo de toda a coroación da presa, que presenta un perfil Creager de vertido.

O estribo dereito do azude presenta unha escala para peixes que lles permite ás poboacións piscícolas a superación do azude. A construcción do azude permite un volume represado de auga de 85.000 m.

A captación de auga realízase na marxe esquerda do encoro e está provista dunha reixa de protección e de comportas de peche. Desde a captación a auga pasa a unha cámara de decantación que tamén realiza a función de cámara de carga.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 3.200 mm de material aceiro ó carbono, desenvolvéndose enterrada na marxe esquerda do río Lérez nunha lonxitude de 90 m.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 17,7 mx9,7 m e unha altura de 8,4 m; a estructura do edificio é de formigón armado con cimbres e cubertas metálicas. A central sitúase á cota 66,5 m e o acceso ó aproveitamento realízase mediante unha pista que parte da estrada comarcal PO-231 entre Campo Lameiro e Cutián.

Canle de desaugamento.

A descarga realízase somerxida no leito do río Lérez a unha cota de nivel normal da auga de 63,5 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas semikaplan de eixe vertical, 300 r.p.m., para 15 m/s e un salto de 9,9 m (potencia de 1.311 kW cada unha); os alternadores son síncronos de 6 kV de tensión e 300 r.p.m.

-Transformador de 3.000 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios:

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Galaica de Energías Renovables, S.A.

Representante: José Sepulcre Coves.

Enderezo: central hidroeléctrica de Almofrei Almofrei-Cotobade-Pontevedra.

Denominación do aproveitamento: A.H. Ponte Bora.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 30.000 l/s.

Corrente de derivación: Lérez.

Tramo ocupado (cotas): 21-15,6 m.

Desnivel: 5,4 m.

Altura do azude: 5,4 m.

Potencia: 1.192 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Pontevedra.

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

A captación realízase no azude existente no río Lérez á altura de Ponte Bora e que abastece a instalacións industriais de Pontevedra; o dito azude ten unha lonxitude aproximada de coroación de 140 m. O azude

é de gravidade, en forma de «L» situado oblicuamente ó leito e xa presenta unha escala para peixes no seu estribo esquerdo.

A captación de auga realízase no estribo esquerdo do azude e está provista dunha reixa de protección e de dúas comportas tipo vagón de peche. O propio encoro fai de cámara de carga tratándose dunha explotación en réxime fluente e practicamente a pé de presa.

Tubería forzada.

Proxéctanse dúas tuberías de carga de aceiro ó carbono e 2.000 mm de diámetro entre o azude e a central, que se encontra a uns 20 m e que alimentan as dúas turbinas do aproveitamento.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 17,7 mx9,7 m e unha altura de 8,4 m; a estructura do edificio é de formigón armado con cimbres e cubertas metálicas. A central sitúase á cota 20,1 m e o acceso ó aproveitamento realízase mediante a pista que conduce á presa de Ponte Bora, que parte da estrada N-541 no p.k. 96.

Canle de desaugamento.

A descarga realízase somerxida no leito do río Lérez a unha cota de nivel normal da auga de 15,6 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas semikaplan de eixe vertical, 180 r.p.m., para 15 m/s e un salto de 4,5 m (potencia de 596 kW cada unha); os alternadores son asíncronos de 660 V de tensión e 750 r.p.m.

-Transformador de 1.500 kVA e elevación de 660 V a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios:

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Galaica de Energías Renovables, S.A.

Representante: José Sepulcre Coves.

Enderezo: central hidroeléctrica de Almofrei Almofrei-Cotobade-Pontevedra.

Denominación do aproveitamento: A.H. Atalaya.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 30.000 l/s.

Corrente de derivación: Lérez.

Tramo ocupado (cotas): 74-63,5 m.

Desnivel: 9,9 m.

Altura do azude: 9,9 m.

Potencia: 2.516 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concellos de Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade de planta recta, situado á cota do leito 49,1 m e unha lonxitude de coroación de 67 m (cota de coroación 59 m). O escorredoiro sitúase ó longo de toda a coroación da presa, que presenta un perfil Creager de vertido.

O estribo dereito do azude presenta unha escala para peixes que lles permite ás poboacións piscícolas a superación do azude. A construcción do azude permite un volume represado de auga de 350.000 m.

A captación de auga realízase no estribo esquerdo do azude e está provista dunha reixa de protección e de comportas de peche. O propio encoro fai de cámara de carga tratándose dunha explotación en réxime fluente e practicamente a pé de presa.

Tubería forzada.

Proxectánse dúas tuberías de carga de aceiro ó carbono e 2.000 mm de diámetro entre o azude e a central, que se encontra a uns 20 m e que alimentan as dúas turbinas do aproveitamento.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 17,7 mx9,7 m e unha altura de 8,4 m; a estructura do edificio é de formigón armado con cimbras e cubertas metálicas. A central sitúase á cota 52,1 m e o acceso ó aproveitamento realízase mediante unha pista que parte da parroquia de Atalaia, próxima ó p.k. 87 da estrada N-541.

Canle de desaugamento.

A descarga realízase somerxida ó leito do río Lérez a unha cota de nivel normal da auga de 49,1 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas semikaplan de eixe vertical, 300 r.p.m., para 15 m/s e un salto de 9,5 m (potencia de 1.258 kW cada unha); os alternadores son síncronos de 6 kV de tensión e 300 r.p.m.

-Transformador de 3.000 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:

* Estudio de impacto ambiental:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Galaica de Energías Renovables, S.A.

Representante: José Sepulcre Cobes.

Enderezo: central hidroeléctrica de Almofrei Almofrei-Cotobade-Pontevedra.

Denominación do aproveitamento: A.H. Parada.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 30.000 l/s.

Corrente de derivación: Lérez.

Tramo ocupado: 53-45 m.

Desnivel: 12 m.

Altura do azude: 9 m.

Potencia: 2.913 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concellos de Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade de planta recta, situado á cota do leito 38 m e unha lonxitude de coroación de 53 m (cota de coroación 47 m). O escorredoiro sitúase ó longo de toda a coroación da presa que presenta un perfil Creager de vertido.

O estribo dereito do azude presenta unha escala para peixes que lles permite ás poboacións piscícolas a superación do azude. A construcción do azude permite un volume represado de auga de 300.000 m.

A captación de auga realízase no estribo esquerdo do azude e está provista dunha reixa de protección e de comportas de peche. Desde a captación a auga pasa a unha cámara de decantación, que tamén realiza a función de cámara de carga.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 3.200 mm de material aceiro ó carbono, desenvolvéndose enterrada na marxe esquerda do río Lérez nunha lonxitude de 265 m.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 17,7 mx9,7 m e unha altura de 8,4 m, a estructura do edificio é de formigón armado con cimbras e cubertas metálicas. A central sitúase á cota 38 m e o acceso ó aproveitamento realízase mediante unha pista que parte da parroquia de Parada.

Canle de desaugamento.

A descarga realízase somerxida ó leito do río Lérez a unha cota de nivel normal da auga de 35 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas semikaplan de eixe vertical, 300 r.p.m., para 15 m/s e un salto de 11 m (potencia de 1.456 kW cada unha); os alternadores son síncronos de 6 kV de tensión e 300 r.p.m.

-Transformador de 3.300 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:

* Estudio de impacto ambiental:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

4556