Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Castro ou Canlo, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A15.6451 (14/088/3).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Castro ou Canlo, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo

da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de San Sadurniño (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial na Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos, praza Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña, praza de Pontevedra, 22-2º, 15003 A Coruña.

* Concello de San Sadurniño, Avda. Marqués Figueroa, s/n, 15560 San Sadurniño-A Coruña.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Promoción y Desarrollo Hidráulico, S.A.

Representante: Héctor García Rodríguez.

Enderezo: r/ Cervantes, 24-1º dereita, 33004 Oviedo, Asturias.

Denominación do aproveitamento: Central de Río Limpio.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 1.200 l/s.

Corrente de derivación: Castro ou Canlo.

Tramo ocupado (cotas): 202-90 m.

Desnivel: 112 m.

Altura do azude: 3 m.

Potencia: 1.032 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de San Sadurniño (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 35,5 m (cota de coroación 205 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager do cal o labio se encontra a cota 202 m,

cunha lonxitude de vertido de 15 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito. O azude presenta no seu estribo dereito unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo no seu estribo esquerdo xunto á toma.

A obra de toma sitúase perpendicularmente ó azude no seu estribo esquerdo onde se encontra un bocal cuadrangular con comporta e reixa de grosos; a continuación constitúese a cámara de decantación cunhas dimensións de 30,75 m de longo e 2 m de largo máximo. A cámara de decantación presenta un escorredoiro lateral e comporta de limpeza e baleirado.

Conducción de derivación.

A derivación realízase mediante unha tubería circular de 0,9 m de diámetro e 2.800 m de lonxitude, que discorre enterrada na marxe esquerda do río Castro ou Canlo e está construída en PRFV reforzado. A auga na tubería discorre en lámina libre.

Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 40 mx3 m e unha altura máxima de 4,5 m, está parcialmente cuberta e dispón de válvula, reixa e peite limpador. Os primeiros 4 m da cámara de carga están formados por unha transición entre a tubería e o largo da cámara.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 600 mm de material poliéster reforzado cunha lonxitude de 265,84 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe esquerda do río Castro ou Canlo sobre apoios de formigón.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 13 mx15 m do cal a estructura é de formigón con cerramento en teito de uralita apoiada en cimbre metálico.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución con aliñación recta e unha sección de 2 m de largo e 1 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é a 90 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por turbina Francis para un caudal 1,2 m/s e un salto de 104,76 m (potencia de 1.032 kW respectivamente); os alternadores son asíncronos de 5 kV de tensión de saída e 1.000 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins

da necesaria expropiación forzosa, segundo a relación facilitada polo promotor: monte público e outros do cal a relación se detalla no documento técnico.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

4728