Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río das Forcadas, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A15.8262 (14/069/5/1).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río das Forcadas, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido

o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Valdoviño (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial na Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos, praza Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña, praza de Pontevedra, 22-2º, 15003 A Coruña.

* Concello de Valdoviño, r/ Porta do Sol, s/n, 15552 Valdoviño-A Coruña.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Concello de Valdoviño.

Representante: alcalde-presidente.

Enderezo: r/ Porta do Sol, s/n, 15552 Valdoviño, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: salto no Río As Forcadas.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 3.000 l/s.

Corrente de derivación: As Forcadas.

Tramo ocupado (cotas): 166,66-151,85 m.

Desnivel: 14,81 m.

Potencia: 903 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Valdoviño (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

O obxecto do proxecto presentado é o aproveitamento da auga do encoro das Forcadas mediante unha central a pé de presa que turbina o recurso que desauga para abastecemento e os desaugadoiros de fondo. Por outra parte, proxéctase ademais unha central que turbina o recurso que chega ata a estación de tratamento de auga potable de Catabois, aproveitando o caudal de chegada e o salto existente na conducción desde a arqueta de entrada ata a ETAP.

Central da presa das Forcadas.

O edificio da central atópase situado na marxe dereita da presa das Forcadas, formando un só conxunto de edificación desde onde se instalarán dúas turbinas, unha que toma a auga desde a presa utilizando a auga do encoro e outra que aproveita os excedentes que desaugan polo fondo dela. A cota de máximo nivel normal do encoro é a 166,66 m, sendo as cotas de entrada ás turbinas a 155,27 m e a 151,85 m respectivamente.

Equipos electromecánicos da central da presa das Forcadas.

Na casa de máquinas da central da presa das Forcadas proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Francis de eixe horizontal, 428 r.p.m., para 1,11 e 1,7 m/s e un salto de 11,39 m e 14,81 m (potencia de 110 kW e 217 kW respectivamente) ensambladas a cadanseu xerador síncrono.

-Transformador de 400 kVA e elevación de 0,4 kV a 15 kV.

-Equipos auxiliares.

Central da ETAP de Catabois.

Proxéctase unha central hidroeléctrica situada á entrada da estación da depuradora de Catabois. O achegamento da auga a turbina realízase por unha

tubería forzada existente que é aquela que abastece á depuradora de Catabois duns 500 m de lonxitude en tubería de diámetro 800 mm e uns 7.450 m de lonxitude en tubería de 700 mm.

Equipos electromecánicos da central de Catabois.

Na casa de máquinas da central da ETAP de Catabois proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por unha turbina Francis de eixe horizontal, 1.000 r.p.m. para 1,11 m/s e un salto de 60,4 m (potencia de 576 kW) ensamblado a un xerador síncrono.

-Transformador de 630 kVA e elevación de 0,4 kV a 15 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, para os fins da necesaria expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes que sexan procedentes dos bens e/ou dereitos que poidan resultar afectados pola execución das obras e instalacións indicadas nos proxectos.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

4727