Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Corzán, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A15.7747 (6/204/26).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Corzán,

presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Negreira (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo

5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial na Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos, praza Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña, praza de Pontevedra, 22-2º, 15003 A Coruña.

* Concello de Negreira, r/ Carmen, 3, Negreira-A Coruña.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Hidroeléctrica del Arnoya, S.L.

Representante: Francisco Salaraz Mitchell.

Enderezo: Avda. Arteixo, 8-6º Esq., 15004 A Coruña.

Denominación do aproveitamento: A.H. no río Corzán.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 1.200 l/s.

Corrente de derivación: Corzán.

Tramo ocupado (cotas): 343-80 m.

Desnivel: 263 m.

Altura do azude: 5 m.

Potencia: 2.630 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Negreira (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 20 m (cota de coroación 345 m). Presenta un vertedoiro de labio fixo sendo a cota do limiar a 343 m, cunha lonxitude de vertido de 12 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes. O desaugadoiro de fondo sitúase na zona dereita, xunto á tubería de toma.

A toma é somerxida. O arranque da tubería de toma, similar ó desaugadoiro de fondo, encóntrase no propio azude á cota 341,5 m. Presenta unha reixa protectora para evita-lo paso de corpos estraños.

O acceso ó azude de toma efectuarase desde a estrada que pasa polas aldeas de Barbazán e Porqueira. Desde ese punto construirase un camiño ata o azude.

Tubería de derivación.

A tubería de derivación esténdese enterrada pola marxe dereita do río Corzán, ten unha lonxitude de 1.550 m e construída en aceiro ó carbono ten un diámetro de 900 mm.

Tubería forzada.

A tubería de carga está unida directamente á de derivación, proxéctase cun diámetro de 800 mm, de material aceiro ó carbono cunha lonxitude de 600 m.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 7,5 mx12,5 m. A estructura do edificio é de formigón armado. O acceso efectuarase desde a estrada sinalada anteriormente desde o que se construirá un camiño ata a central.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante un curto canal de restitución duns 5 m de lonxitude, de aliñación recta. A cota de desaugamento é a 80 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por turbina Pelton dous chorros de eixe horizontal, 600 r.p.m. para 1,2 m/seg. e un salto de 248,2 m cunha potencia nominal en eixe de 2.630 kW. O alternador é síncrono de 3.150 kVA, 6 kV de tensión e 600 r.p.m.

-Transformador de 3.150 kVA e elevación de 6 kV a 15/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Estudios de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Compañía Gallega de Minicentrales, S.A.

Representante: José Luis Lorenzo Pérez.

Enderezo: r/ Hórreo, 35 entreplanta, Santiago de Compostela, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: C H. de Lueiro.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 1.250 l/s.

Corrente de derivación: Corzán.

Tramo ocupado (cotas): 294-83,12.

Desnivel: 210,88 m.

Altura do azude: 4 m.

Potencia: 2.168 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Negreira (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 22,1 m (cota de coroación 296 m). Presenta un vertedoiro de labio fixo, con limiar a cota 294 m, cunha lonxitude de vertido de 12 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúanse transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito xunto ó vertedoiro una comporta de desaugamento tipo talladeira.

O bocal da toma sitúase perpendicularmente ó azude xunto á comporta de desaugamento. A obra de toma atópase protexida do leito mediante un muro de 15,5 m de lonxitude, con coroación a cota 296 m e está formada por unha cámara de sedimentación cun escorredoiro e comporta de limpeza. A cámara de sedimentación ten unha lonxitude de 18 m e un largo máximo de 3 m cunha transición de 7 m entre a propia cámara e a canle de derivación.

Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe dereita do río Corzán, ten unha lonxitude de 841,25 m e está cuberta cunha sección rectangular de 1,2 m de largo e 1,3 m de altura.

Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións de 18 m de lonxitude por 4 m de largo e dispón de comporta que conecta coa tubería de carga. A cámara de carga

ten a súa entrada á tubería os dispositivos usuais de reixa e limparreixas.

Tubería forzada.

A tubería forzada ten unha lonxitude de 577,69 m e presenta diámetros variables de 800 mm, 750 mm e 700 mm, sendo o material aceiro ó carbono.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 16,3 mx8,5 m, a estructura do edificio é de alicerces de formigón con cimbre e cuberta de lousa. O acceso á central realízase desde Barbazán mediante un camiño de nova construcción.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 8 m de lonxitude e aliñación recta. A cota de restitución ó leito é a 83,12 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por turbina Pelton de dobre inxección, 600 r.p.m.; para 1,25 m/s e un salto de 198,69 (potencia de 2.168 kW); o xerador é síncrono de 2.300 kVA, 6 kV de tensión e 600 r.p.m.

-Transformador de 2.300 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa ou imposición de servidumes os que a seguir se indican cos seus propietarios:

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

4726