Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Almofrei, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A36.3098 (3/273/15).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Almofrei, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo

consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Cotobade e Pontevedra (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan

ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: r/ Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra, r/ Benito Corbal, 47-3ª planta, 36071 Pontevedra.

* Concello de Cotobade, r/ Chan, 11, Carballedo, 36856 Cotobade.

* Concello de Pontevedra, r/ Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Energía de Galicia, S.A. (Engasa).

Representante: Benito Fernández González.

Enderezo: Romero Donallo, 9-baixo C, Santiago de Compostela, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Central da Ponte.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 3.500 l/s.

Corrente de derivación: Almofrei.

Tramo ocupado (cotas): 315-213,7 m.

Desnivel: 101,3 m.

Altura do azude: 7,75 m.

Potencia: 2.762 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Cotobade (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade e presenta un vertedoiro de labio fixo cun limiar á cota 315 m e unha lonxitude de vertido de 18 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo un desaugadoiro de fondo.

O acceso ó azude farase desde unha estrada local entre Xesteira e Carballedo, utilizando un camiño existente e ampliándoo ata o azude.

No azude lateral do estribo esquerdo do azude encóntrase a obra de toma, que está formada por unha cámara de sedimentación, da cal o bocal ten 4 m de largo e 0,9 m de alto, incorporando unha reixa grosa. A cámara de sedimentación ten 6 m de largo cun aliviadoiro lateral e comporta de limpeza. Á entrada da canle colócase unha reixa fina.

Canle de derivación.

A canle discorre en dous tramos distintos, o primeiro escavado en túnel e o segundo a media ladeira cunha lonxitude total de 870 m, os primeiros 135 m realizaranse en túnel cunha sección mínima de 1,8 mx2,1 m, a continuación do tramo en túnel realizarase unha canle de 735 m, discorrendo a media ladeira e realizado en formigón cunha sección trapezoidal de 1,5 m de base inferior, 1,8 m de largo superior e 1,7 m de altura.

Cámara de carga.

A canle desemboca nunha cámara de carga cuberta de 735 m de capacidade de almacenamento, que presenta un vertedoiro lateral así como unha comporta de peche e reixa á entrada da tubería de carga.

Tubería forzada.

A tubería de carga é de aceiro ó carbono cun diámetro interior de 1200 mm e unha lonxitude de 606 m, que discorre na marxe esquerda do río Almofrei.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 10 mx19,7 m. A estructura do edificio é de formigón armado con forxado.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución desde o foso de turbina ó río de lonxitude 12 m. A cota de desaugamento é a 213,7 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Francis de eixe horizontal, para 2,5 e 1 m/s e un

salto de 97,27 m, de 750 e 1.000 r.p.m. respectivamente (potencia de 1.973 e 789 kW respectivamente); os xeradores son asíncronos de 2.000 e 800 kW, 6 kV de tensión e de 750 e 1.000 r.p.m. respectivamente.

-Transformador de 3.000 kVA, relación de transformación 6.000/10.000 V.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa e imposición de servidumes os que de seguida se indican cos seus propietarios:

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Hidroeléctrica de Cotobade, S.L.

Representante: Camilo Pazos Solla (administrador).

Enderezo: r/ Grosa, 14, Almofrei, 36858 Cotobade, Pontevedra.

Denominación do aproveitamento: A.H. de Salgueiral.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 2.500 l/s.

Corrente de derivación: Almofrei.

Tramo ocupado (cotas): 93-39 m.

Desnivel: 54 m.

Altura do azude: 6,8 m.

Potencia: 1.163 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concellos de Cotobade e Pontevedra (Pontevedra)

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade de planta recta cunha lonxitude de coroación de 29 m (cota

de coroación 93 m). O escorredoiro sitúase ó longo de toda a coroación da presa, que presenta un perfil Creager de vertido.

O estribo dereito do azude presenta unha escala para peixes, que permite ás poboacións piscícolas a superación do azude. A construcción do azude permite un volume represado de auga de 37.000 m.

A captación de auga realízase na marxe esquerda do encoro e está provista dunha reixa de protección e de comportas de peche.

Canle de derivación.

A canle discorre escavada nun túnel cunha sección mínima de 4 m, revestido en formigón e unha lonxitude de 559 m.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1.500 mm de material aceiro ó carbono, desenvolvéndose enterrada na marxe esquerda do río Almofrei cunha lonxitude de 145 m.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 14,6 mx6 m e unha altura de 5 m, a estructura do edificio é de bloques de formigón. O acceso ó aproveitamento realízase mediante unha pista, que parte da parroquia de Salgueiral.

Canle de desaugamento.

A descarga realízase somerxida ó leito do río Almofrei a unha cota de nivel normal da auga de 39 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis de eixe vertical, 300 r.p.m., para 1,25 m/s e un salto de 52,7 m (potencia de 582 kW cada unha); os alternadores son síncronos de 6 kV de tensión e 300 r.p.m.

-Transformador de 3.000 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que de seguida se indican cos seus propietarios:

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

4725