Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Landro, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A27.1819 (17/038/11).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Landro, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo constar, se é o caso, a petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder

suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Muras e Ourol (Lugo).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Industria e Comercio: r/ Pascual Veiga, 12 e 14, 27002 Lugo.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Lugo, r/ de Santo Domingo, 5-6ª planta, 27001 Lugo.

* Concello de Muras, r/ Praza do Concello, 3, 27836 Muras-Lugo.

* Concello de Ourol, r/ Estrada Xeral, s/n, 27865 Ourol-Lugo.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procede

mento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Norvento, S.L.

Representante: Marta Fernández Castro (administradora).

Enderezo: r/ Ribadeo, 2-Entrepl. Esq., 27002 Lugo.

Denominación do aproveitamento: A.H. no río Landro.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 1.347 l/s.

Corrente de derivación: Landro.

Tramo ocupado (cotas): 547,5-192,5 m.

Desnivel: 355 m.

Altura do azude: 3 m.

Potencia: 4.233 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Muras e Ourol (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 36,4 m (cota de coroación 422 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager do cal o labio se encontra á cota 547,50 m, cunha lonxitude de vertido de 14 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes, un desaugadoiro de fondo e a obra de toma.

Para o acceso ó azude construirase un camiño duns 300 m de lonxitude desde o camiño existente de Astante.

A obra de toma sitúase transversalmente no seu estribo esquerdo.

A toma farase mediante un orificio de 1,1 m de diámetro no eixe situado á cota 545,50 m. A cámara de sedimentación consiste nun cilindro de 1,5 m de diámetro e 15 m de lonxitude.

Conducción de derivación.

A tubería de conducción que discorre enterrada pola marxe esquerda é de fibrocemento de 1.100 mm de diámetro e entronca directamente coa tubería da cámara de sedimentación. A súa lonxitude é de 3.750 m. Ó final desta conflúe cunha cheminea de equilibrio e coa tubería forzada. A cheminea de equilibrio é de 2000 mm de diámetro e cunha lonxitude de 34 m. Esta cheminea ascende pola ladeira.

Tubería forzada.

A tubería de carga de aceiro proxéctase cun diámetro variable de 1.000 e 1.100 mm e cunha lonxitude de 2.400 m. Discorre enterrada nunha gabia e con diversas ancoraxes de formigón.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 7,50 m x 10,5 m e 6,5 m de altura. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso desde o lugar de Anxeriz, realizando un trazado de nova apertura duns 900 m de lonxitude.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 20 m de lonxitude, de aliñación recta, cunha sección de 1,5 m de largo e 1,2 m de altura, recuberto e construído en formigón. A cota de desaugamento é a 192,54 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por unha turbina Pelton de eixe horizontal, 750 r.p.m. de potencia máxima no eixe de 4.233 kW, o xerador é síncrono 5.000 kVA, 6 kV de tensión e 750 r.p.m.

-Transformador de 5.000 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e imposición de servidumes os que de seguida se indican cos seus propietarios:

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: concello de Ourol.

Representante: alcalde-presidente do concello.

Enderezo: Estrada Xeral, s/n, 27865 Ourol-Lugo.

Denominación do aproveitamento: A.H. no río Landro.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 1.370 l/s.

Corrente de derivación: Landro.

Tramo ocupado (cotas): 543-280 m.

Desnivel: 263 m.

Altura do azude: 3 m.

Potencia: 3.044 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concellos de Ourol e Muras (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha altura máxima de 3 m e cunha lonxitude de coroación

aproximada de 20 m (cota de coroación 545 m). Presenta un vertedoiro de labio fixo que se encontra á cota 543 m, cunha lonxitude de vertido de 12 m que permite desaugar un caudal de 71 m/s (caudal non xustificado). O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito unha escala para peixes. O desaugadoiro de fondo de diámetro 450 mm sitúase na zona esquerda, xunto á tubería de toma.

A toma é somerxida e o arranque da tubería de toma, similar ó desaugadoiro de fondo, encóntrase no propio azude á cota 541,5. Presenta unha reixa protectora para evita-lo paso de corpos estraños.

O acceso ó azude proxéctase mediante o acondicionamento dunha senda existente, que será preciso mellorar e ampliar uns 300 m, ata a localización do azude.

Tubería de derivación.

A tubería de derivación esténdese pola marxe esquerda do río Landro, ten unha lonxitude de 3.600 m. A tubería discorre enterrada. É de aceiro ó carbono de 6 mm de espesura e 1.100 mm de diámetro.

Tubería forzada.

A tubería de carga está unida directamente á de derivación, sen ningún dispositivo adicional antigolpe de ariete. Proxéctase cun diámetro de 1000 mm, de 8-9 mm de espesura de material aceiro ó carbono cunha lonxitude de 650 m.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 12,5 mx7,5 m situada próxima a Carramana, aproximadamente á cota 281 m. A estructura do edificio é de formigón armado. O acceso efectuarase a través dunha pista existente que chega ata o río Landro, a uns 600 m augas abaixo da central.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha curta canle de restitución duns 5 m de lonxitude, de aliñación recta. A cota de desaugamento é a 280 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por una turbina Pelton de eixe horizontal, 600 r.p.m. e unha potencia nominal en eixe de 3.044 kW. O alternador é síncrono de 3.500 kVA, 6 kV de tensión e 600 r.p.m.

-Transformador de 3.500 kVA e elevación de 6 kV a 15/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Suma de Energías, S.L.

Representante: Manuel Lamelas Viloria.

Enderezo: Avda. Astorga, 5-1º, Ponferrada-León.

Denominación do aproveitamento: Salto do Landro.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 1.370 l/s.

Corrente de derivación: Landro.

Tramo ocupado (cotas): 540-290 m.

Desnivel: 250 m.

Altura do azude: 11,5 m.

Potencia: 2.812 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concellos de Muras e Ourol (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha altura máxima de 11,5 m e unha lonxitude de coroación aproximada de 20 m (cota de coroación 543 m). Presenta un vertedoiro de labio fixo do que o limiar se encontra á cota 540 m, cunha lonxitude de vertido de 16 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo as obras de toma e o desaugadoiro de fondo e no dereito a escala de peixes.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo esquerdo, e presenta unha sección de 1,5 mx3 m cunha reixa de grosos. A cámara de toma ten unha lonxitude de 10 m cun escorredoiro lateral de 3 m de lonxitude.

Tubería de derivación.

A tubería de derivación de PVC esténdese pola marxe esquerda do río Landro, ten unha lonxitude de 3.150 m e un diámetro de 1.080 mm, discorrendo pola ladeira enterrada. Esta tubería, que funciona en carga, conecta á toma do azude coa cámara de carga.

Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 50 mx8 m e unha capacidade máxima de 1.200 m. Dispón dun aliviadoiro.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase enterrada cun diámetro de 0,70 m e cunha lonxitude de 450 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe esquerda do río Landro.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 13 mx8,05 m estando a planta desta nave á cota 291 m. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso que unirá a central coa poboación de Sanguido.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Unha turbina Francis de 2.897 kW e un alternador síncrono de 3.125 kVA, cunha potencia do grupo turbina-alternador de 2.812 kW.

-O transformador ten unha potencia de 3.125 kVA e a súa relación será de 6.000/33.000 V.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e imposición de servidumes os que de seguida se indican cos seus propietarios:

* Estudios de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

4724