Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Lañas, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A15.9349 (5/244/45).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Lañas, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decre

to 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Touro (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial na Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos, praza Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña, praza de Pontevedra, 22-2º, 15003 A Coruña.

* Concello de Touro, r/ Isabel II, s/n, Fonte Díaz, 15822 Touro.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Manuel Alonso Ucha.

Enderezo: r/ González Sierra, 5-3º D, Vigo, Pontevedra.

Denominación do aproveitamento: Salto de Nueve Fuentes.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 2.500 l/s.

Corrente de derivación: Lañas.

Tramo ocupado (cotas): 204-135 m.

Desnivel: 69 m.

Altura do azude: 8 m.

Potencia: 1.300 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Touro (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 40,16 m (cota de coroación 208 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se encontra á cota 204 m, cunha lonxitude de vertido de 19 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo na parte central.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo dereito e presenta unha reixa inclinada. A cámara de toma encóntrase cuberta e ten unha planta de dimensións 13,2x4 m cun escorredoiro lateral e unha comporta de limpeza e baleirado.

Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe esquerda do río Lañas, ten unha lonxitude de 2.500 m e está construído en formigón cunha sección cuberta rectangular de 1,5 mx1,4 m escavada no terreo a media ladeira.

Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 15 mx4 m e unha altura de caixeiros de 3 m, está cuberta e dispón de comporta electrónica automatizada que conecta coa tubería de carga.

Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1 m de material aceiro ó carbono cunha lonxitude de 205 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe dereita do río Lañas.

Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 12,2 mx6,15 m situado á cota 139 m. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso desde a estrada que conduce a Sestelo.

Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 10,4 m de lonxitude, de aliñación recta, cunha sección de 2,2 m de largo e 2,5 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é a 135 m.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis de cámara espiral, 900 r.p.m., para 1,25 m/s e un salto de 60,196 m (potencia de 650 kW cada unha); os alternadores son asíncronos de 2.500 kVA, 6 kV de tensión e 900 r.p.m.

-Transformador de 3.300 kW e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que de seguida se indican cos seus propietarios:

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

4723