Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.108

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías correspondentes ós grupos IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto nas bases I.4.1 e I.4.2 das ordes do 2 de decembro de 1996, da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 242, do 12 de decembro de 1996), polas que se convocan procesos selectivos para o ingreso nas categorías correspondentes ós grupos IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

1. Aproba-las listas de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías correspondentes ós grupos IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

2. A relación de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

O feito de figurar na lista de admitidos non presupón, en ningún caso, o cumprimento dos requisitos que, para cada categoría, se recollen na base I.2 da respectiva convocatoria, todo isto en relación co previsto na base V delas.

Para solicitar información, o teléfono de contacto é o 902-120012, en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

3. Publica-la relación de excluídos nas distintas categorías, con referencia á causa de exclusión, figurando tal relación como anexo á presente resolución.

De conformidade co disposto na base I.4.2, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para poder emendar, se é o caso, os defectos que motivaron a súa exclusión.

Os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin de excluídos disporán do mesmo prazo para face-la correspondente reclamación. Así mesmo, ó principio das relacións de excluídos figurarán os aspirantes excluídos por non especificar con claridade a categoría e/ou grupo ó que pretenden acceder.

4. Os aspirantes excluídos da quenda de promoción interna e cambio de categoría que non emenden as causas de exclusión incluiranse se reúnen os requi

sitos, na quenda libre, agás que se manifesten en contra no prazo ó que se refire o punto 3) da presente resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1997.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Causas

CódigoDescrición

10Non ter cumpridos 18 anos.
11Non ingresa-la totalidade da contía dos dereitos de exame.
12Presenta-la solicitude fóra de prazo.
13Non reflectir ou non estar claro na instancia o grupo.
14Presentarse ó mesmo grupo/categoría polas dúas formas de acceso: Promoc. interna e acceso libre.
15Presentarse por promoción interna e non ser persoal laboral fixo.
16Presentarse para unha opción grupo/categoría non incluída na fase de oposición.
17Esta opción grupo/categoría só oferta prazas de quenda libre.
30Presentarse por Promoc. interna e ter menos de 2 anos de antigüidade na categoría de orixe.
31Presentarse por Promoc. interna e non provir do mesmo grupo ou do inmediatamente inferior.
32Non posuí-la nacionalidade española.
41Non presenta-lo DNI ou documento oficial similar.
42Non pusuí-la titulación ou requisitos esixidos na convocatoria.
43Instancia non asinada.
44Estar separado do servicio por expediente disciplinario.
45Presentarse por Promoc. interna e non estar integrado en ningunha categoría do III convenio.

ANEXO

RELACIÓN DE EXCLUÍDOS ÁS PROBAS DE ACCESO PARA PERSOAL LABORAL FIXO

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría * Sen especificar.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo IV, categoría 3: Aux. sanitario, Aux. clínica, Aux. psiquiátrico, Aux. Enferm.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 3: Aux. sanitario, Aux. clínica, Aux. psiquiátrico, Aux. Enferm.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo IV, categoría 4: auxiliar fogar, coidador auxiliar, auxiliar coidador.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 4: auxiliar fogar, coidador auxiliar, auxiliar coidador.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo IV, categoría 5: oficial 2ª cociña, cociñeiro oficial 2ª.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 5: oficial 2ª cociña, cociñeiro oficial 2ª.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 6: axudante servicios técnicos, oficial 2ª mantemento.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 9: oficial 2ª faenas agrícolas, Ofic. 2ª campo, Ofic. 2ª Gander..

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo IV, categoría 11: auxiliar de laboratorio.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 11: auxiliar de laboratorio.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo IV, categoría 12: auxiliar de internado.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 12: auxiliar de internado.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo IV, categoría 16: conductor.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 16: conductor.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 17: almaceneiro, despenseiro.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 21: oficial 2ª carpinteiro, auxiliar carpintería.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 23: mestre gaiteiro.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 24: xastre.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 25: cargador, tremoieiro.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 30: auxiliar formación ocupacional.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo IV, categoría 31: legoeiro/práctico especialista.

ACCESO LIBRE

Grupo IV, categoría 31: legoeiro/práctico especialista.

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría * sen especificar.

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría 1: camareiro-limpador, axudante cociña, pranchador-lavandeiro.

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría 2: axudante traballos ou oficios, Axte. albanel, peón Esp. Espec.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo V, categoría 3: ordenanza, celador, vixilante oficinas, Vixil. nocturno, Vix...

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría 3: ordenanza, celador, vixilante oficinas, Vixil. nocturno, Vix...

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría 8: peón agrario especializado.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo V, categoría 9: celador de segunda, Vixil. recursos naturais, escoita Incend.

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría 9: celador de segunda, Vixil. recursos naturais, escoita Incend.

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría 10: auxiliar do teléfono de información ó cidadán.

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría 10D: socorrista.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo V, categoría 11: limpador, fregador, Empreg. comedor, Empreg. cociña-pinche.

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría 11: limpador, fregador, Empreg. comedor, Empreg. cociña-pinche.

SISTEMA DE ACCESO: PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

Grupo V, categoría 12: peón, laborante, varredor, mozo servicios, mozo laboratorio.

ACCESO LIBRE

Grupo V, categoría 12: peón, laborante, varredor, mozo servicios, mozo laboratorio..

4877