Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.115

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 26 de maio de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 18 de marzo de 1997.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, por Orde do 18 de marzo de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 77, do 23 de abril), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 18 de marzo de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 77, do 23 de abril).

Segundo.-Adxudicar destino nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidas ós interesados. No suposto de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer

recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1997.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

NRP/DNI: 3493424202 A2062.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Vila Barbosa, Isabel.

Código: OT.B01.00.001.15770.032

Denominación do posto de traballo: xefe Área de Xestión de Dominio Público Hidráulico.

Centro directivo: Augas de Galicia. Dpto. de Xestión de Dominio Público Hidráulico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. especial.

Nivel: 28.

Específico: 1.639.104

NRP/DNI: 3525711813 A2062.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Alonso Fernández, Francisco.

Código: OT.B01.00.001.15770.051.

Denominación do posto de traballo: xefe Área Estudios e Apoio Técnico.

Centro directivo: Augas de Galicia. Dpto. de Xestión de Dominio Público Hidráulico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admon. especial.

Nivel: 28.

Específico: 1.639.104

4936