Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 5 de maio do ano que andamos, acordouse aprobar inicialmente o plan parcial para a ordenación de parte do solo apto para urbanizar residencial de baixa densidade-1 A Castellana no lugar de Outeiro-Cambre, das normas subsidiarias municipais, presentado por Enrique Vázquez Salinas, Antonio Moure Rama e Daniel Castro Rodríguez, e redactado polos arquitectos Ángel Luis e Eduardo Monteoliva Díaz.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 27 de maio de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

4559