Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o 21 de maio de 1997, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o texto refundido do estudio de detalle, promovido pola Urbanización Mira, S.L. e redactado polo arquitecto Álvaro Fernández Carballada, para a ordenación volumétrica definitiva e o establecemento das aliñacións dentro dos parámetros da normativa deste concello da parcela denominada Montillóns, que está entre a Av. Cesáreo Pondal e a praia de Laxe, e que ten os seguintes lindeiros: norte, praia de Laxe; sur, Av. Cesáreo Pondal; leste, predio do concello de Laxe e parte de José Rodríguez Labrador; e oeste, predio do concello de Laxe; e que constitúe a unidade de execución nº 1, recollida nas N.S.P.M. de Laxe.

Segundo.-Continua-la tramitación do expediente segundo o disposto nos apartados 2, 3 e 4 do artigo 48 da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Laxe, 30 de maio de 1997.

Antonio Castro Lema

Alcalde-presidente

4518