Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 404/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: melloras no pavillón polideportivo no Campus de Lagoas-Marcosende en Vigo.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 41.041.622 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 820.832 ptas. Definitiva: 1.641.665 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidad de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: calle Areal, 46, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible: grupo C, subgrupos 1, 3, 6, 7, categoría E.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2. Domicilio: calle Areal, 46, planta baixa.

3. Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: rúa Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Horas: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 11 de xuño de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

4515