Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada OU-312, treito: Lobios-Torneiros, primeira fase. (Clave N-OU-97.1).

No artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, no seu apartado 2º establécese a competencia da Comunidade Autónoma galega sobre o desenvolvemento lexislativo, así como a execución lexislativa do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, de construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 6 de maio de 1997, o director xeral de Obras Públicas e Transportes, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto da obra de acondicionamento da estrada OU-312. Treito: Lobios-Torneiros, primeira fase (clave N-OU-97.1).

Decreto 127/1997, do 14 de maio, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra de acondicionamento da estrada OU-312. Treito: Lobios Torneiros, primeira fase. (Clave N-OU-97.1).

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e concordantes do regulamento para a súa aplicación, este servicio no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran no taboleiro da Casa do Concello de Lobios, para os efectos previstos no mencionado artigo 52 e sinala-la data, os lugares e horas que de seguido se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación que recollan os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se se considera preciso.

Lugar do levantamento das actas previas: Casa do Concello de Lobios.

Data HoraNúm. predios

10-7-19979 ás 13 1 ó 30

10-7-199716 ás 19 31 ó 60

11-7-19979 ás 13 61 ó 100

11-7-199716 ás 19 101 ó final

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos de titula

ridade, DNI, e o último recibo da contribución, podéndose acompañar pola súa conta, se o coida preciso, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días ou, en todo caso, ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito diante deste Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, rúa Sáenz Díez número 1, as alegacións que coiden oportunas co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados por urxente ocupacion.

Ourense, 17 de xuño de 1997.

José Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Ourense

4890