1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A Coruña.
2. Obxecto do contrato.
2.1.a) Descrición do obxecto: remodelación de talleres, calefacción e reparacións varias no IESP da Pobra do Caramiñal.
b) Lugar de execución: A Pobra do Caramiñal.
c) Prazo de execución: 3 meses.
d) Importe total: 24.074.305 ptas.
e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo -, categoría D.
2.2.a) Descrición do obxecto: instalación eléctrica no CP Fraga Iribarne de Cariño.
b) Lugar de execución: Cariño.
c) Prazo de execución: 2 meses.
d) Importe total: 7.062.379 ptas.
2.3.a) Descrición do obxecto: substitución de vidreiras e selado no muro cortina e reparacións da Aula Magna na EOI da Coruña.
b) Lugar de execución: A Coruña.
c) Prazo de execución: 3 meses.
d) Importe total: 24.994.952 ptas.
e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo -, categoría D.
2.4.a) Descrición do obxecto: ampliación de dúas aulas e soportal no IB Sofía Casanova de Ferrol.
b) Lugar de execución: Ferrol.
c) Prazo de execución: 3 meses.
d) Importe total: 14.288.603 ptas.
2.5.a) Descrición do obxecto: reparación de aseos, falsos teitos e carpintería exterior no CEE Carmen Polo de Ferrol.
b) Lugar de execución: Ferrol.
c) Prazo de execución: 3 meses.
d) Importe total: 25.887.843 ptas.
e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo -, categoría D.
2.6.a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta, eliminación de barreiras arquitectónicas, caldeiras e obras varias no CP de Xordos de Santiago de Compostela.
b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.
c) Prazo de execución: 2 meses.
d) Importe total: 49.953.260 ptas.
e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo -, categoría E.
2.7.a) Descrición do obxecto: substitución de cuberta e canos no CP O Cruce de Cerceda.
b) Lugar de execución: O Cruce-Cerceda.
c) Prazo de execución: 3 meses.
d) Importe total: 19.210.265 ptas.
2.8.a) Descrición do obxecto: obras varias de acondicionamento no IB Menéndez Pidal de A Coruña.
b) Lugar de execución: A Coruña.
c) Prazo de execución: 3 meses.
d) Importe total: 21.975.778 ptas.
e) Clasificación do dontratista: grupo C, subgrupo -, categoría D.
2.9.a) Descrición do obxecto: cuberta dun patio e reparación da existente nun dos edificios do IESP de Vimianzo.
b) Lugar de execución: Vimianzo.
c) Prazo de execución: 3 meses.
d) Importe total: 19.007.679 ptas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: concurso.
c) Forma: aberto.
4. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento de contrata cando non se esixa clasificación.
5. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica)
b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.
c) Localidade e código postal: 15071 A Coruña.
d) Tlfo: 981-18 47 45.
e) Fax: 981-18 47 85.
6. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.
b) Documentación que se presentará: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
-Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.
-Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.
-Localidade: A Coruña 15071.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación do concurso.
e) Admisión de variantes: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.
b) Enderezo: praza Luis Seoane, s/n 7ª planta.
c) Localidade: A Coruña.
d) Data: o quinto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións.
e) Hora: 10 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 16 de xuño de 1997.
Alberto González Armesto
Delegado Provincial da Coruña.
4486